domingo, 17 de marzo de 2013

O fútbol é así... Hugo Mallo e Iago Aspas naceron así




Aínda non son capaz de recuperarme da alegría deste venres. E non sono, porque o meu amado Depor por fin deume motivos para soñar. Pero ao mesmo tempo quero condenar a miserable actitude dalgúns xogadores do Celta de Vigo.

Hugo Mallo no autobús cos aficionados antes do encontro.
Non é que sexa o eterno rival... Ben, tamén, pero a actitude de xogadores como Iago Aspas o Hugo Mallo non se pode permitir. Aínda que estemos falando do derby galego, #oNosoDerby, e xa sabemos que no derby sempre se ten o sangue quente, non pódense facer cousas como o que fixo Hugo Mallo antes do encontro. Dacordo que a rivalidade e moi forta, e eu son o primeiro que di que "ao Celta, nin auga". Pero iso non e motivo para xustificar o chiste del mal gusto que fixo no autocar de camiño ao encontro, chiste que se tivo que comer con patacas. 

Iago Aspas agredindo a Marchena
Así mesmo, ao neno mimado de Iago Aspas, exemplo do que NON debe ser o fútbol, xa lle está ben ter sufrido a expulsión que sufriu. A todo porco lle chega o seu San Martín. Xa dixo un compañeiro seu de equipo que "Se te deitas con nenos, te ergues mexado". 

Malia todo iso, recoñezo quitar o sombreiro fronte á actitude do Celta, impoñendo severas multas a ambos os dous xogadores, e obrigando o primeiro a emitir unha desculpa en público. Un aplauso e os meus máis sinceros respectos cara ao eterno rival, que deu unha boa lección de deportividade á súa afición, que non destaca precisamente por ser moi civilizada.

Pero a cuestión é que o Dépor volve gañar. E malia que non está todo feito nin moito menos, soñamos coa permanencia outra vez. Porque o Dépor é de Primeira, e os que crecemos con el e coas súas vitorias en Europa (como a lendaria remontada ante o PSG), queremos volver gozar con esas tardes de fútbol en Riazor medíndonos cos máis grandes, sendo nós os máis humildes.

O gran Valerón volveu dar unha lección de fútbol, e a mellor afición do planeta segue aí presente. Porque esta inchada nunca se rende, nunca se rendeu nin nunca se renderá. Porque agora nos toca un reto épico de ascender meteóricamente fóra dos postos de descenso ao inferno, pero porque guíanos Fernando Vázquez, como guiou a selección galega, e algúns estamos a empezar a soñar xa cun novo Arsenio.

E unha vez máis, compañeiros, perdoade o meu pésimo galego. Recordade que levo xa uns 15 anos fóra da miña terra, e non teño nunca ocasión de practicar a nosa lingua aquí en terras catalás. Desculpade as erratas que poida haber, que algunhas supoño que deben ser moi grandes, e non dubidedes en corrixirme (e moi gustosamente corrixirei o blog), pois sempre se está a tempo de aprender.

Por iso, sigamos soñando, e sendo unha afección exemplar. Porque os valores deste gran deporte non deben quedar embazados polas débedas, pola entrada na Concursal, ou pola antideportividade que azouta o fútbol maioritario. E recordade, que "ser dos que gañan é moi doado; ser do Deportivo parécenos mellor".

Volvemos a primeira para quedar, e imos quedar. FORZA DEPOR! 

ECG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario